domingo, 2 de junio de 2019

Club de lectura de 1º ESO

Vaiche boa! de PAUL JENNINGS 


Libro que gustou moito e no que o alumnado disfrutou coas divertidas e singulares historias que nos ofrece. Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura.




Mande su hijo a Marte de FERNANDO LALANA

Novela fantástica e de ciencia-ficción que nos traslada a Marte a onde unha adolescente é enviada polo seu pai para recuperar as materias que suspendeu durante o curso. Pero a realidade é ben distinta!
Libro que gustou moito e deu lugar a interesantes discusións tanto científicas como existenciais sobre a problemática dos adolescentes.



























Contos de ÁNXEL FOLE


Texto seleccionado para realizar o Roteiro literario pola cidade de Lugo, homenaxeado ó escritor Ánxel Fole.

Realizouse unha escolla de varios relatos, comentáronse e léronse na saída realizada pola cidade de Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario