martes, 26 de abril de 2022

Visita ás librarías de Pontevedra 2022

 

  Actividade moi presente entre os clubs de lectura e que neste curso a fixemos coincidir coa data do Día do Libro. 




Cada membro dos diferentes clubs visita as librarías da cidade e merca o libro que mais lle  gusta e que quere que forme parte da biblioteca do centro. A compra realízase con fondos  de Plambe e dos  clubs de lectura.










Tras a compra  reunímonos nun lugar senlleiro da cidade (a praza da Ferrería) e cpmentan o motivo da súa escolla.

Cos libros marcados realizouse a derradeira lectura dos clubs de lectura, sendo tamén a base da guía de lectura para o verán.