Actividade moi presente entre os clubs de lectura e que neste curso a fixemos coincidir coa data do Día do Libro.
Cada membro dos diferentes clubs visita as librarías da cidade e merca o libro que mais lle gusta e que quere que forme parte da biblioteca do centro. A compra realízase con fondos de Plambe e dos clubs de lectura.
Tras a compra reunímonos nun lugar senlleiro da cidade (a praza da Ferrería) e cpmentan o motivo da súa escolla.
Cos libros marcados realizouse a derradeira lectura dos clubs de lectura, sendo tamén a base da guía de lectura para o verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario