domingo, 8 de mayo de 2022

Roteiro literario pola cidade de Ferrol

 



 Roteiro literario por Ferrol

Benvidos de novo ós circuitos literarios dos clubs de lectura do IES A Xunqueira II de Pontevedra.

NUEVA APERTURA EN EL FERROL (A CORUÑA)

 

Despois de dous anos de parada obrigatoria, retomamos con moita ilusion estas visitas. e desta vez escollemos a cidade de Ferrol pola gran variedade cultural que nos ofrece.


Será unha visita guiada en xornada completa co seguinte programa: 

  • 10:30 Visita guiada ao Arsenal Militar de Ferrol. 
  • 11:45 Visita guiada ao Museo Exponav (Museo da Construcción Naval).
  • 13:00 Paseo literario polo centro de Ferrol.
  • 14:00 Tempo libre para comida (Parque Raiña Sofía ou outra zona no centro). 
  • 15:30 Recollida do grupo co bus para ir ao Castelo de San Felipe.
  • 16:00 -17:15 Visita guiada polo Castelo. 
  • 17:45 Visita guiada polas Meninas do barrio de Canido.
  • 19:00 Final da visita e saída de Ferrol.
 
 
 Este será parte do itinerario que realizaremos pola mañá:
 
 
 

 

1. Praza de Galicia

Alí está o teatro Jofre que marcou ó afamado escritor Gonzalo Torrente Ballester que entre outras cousas foi crítico teatral. De feito o seu primeiro escrito foi unha obra de teatro e fixo cinco máis aínda que nunca chegaron a representarse e alí está a entrada do Arsenal. O seu pai foi mariño e o tamén quixo selo, pero como era moi miope soubo que non podería seguir os pasos do seu pai e envorcouse na literatura.

Un día como hoy nació Torrente Ballester, un escritor ...



Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999)

Foi un dos grandes escritores españois que deu o século  XX.  Despois duns comezos difíciles, Torrente foi logrando facerse un sitio nos primeros lugares da literatura española, como o testemuñan  os recoñecementos recibidos no último terzo da súa vida:  membro da RAE, Premio da Crítica e Premio Nacional de Literatura, Premio Príncipe de Asturias, Premio Planeta,  Premio Azorín, Premio Cervantes, Doutor “ Honoris Causa” por varias Universidades españolas e estranxeiras, traducido a todas  as linguas cultas, e, ademais, recoñecido e admirado entre o  gran público polo éxito popular que obtivo a adaptación  televisiva da súa triloxía Os gozos e as sombras, emitida ao longo  do ano 1982. Estamos, sen dúbida, ante un dos máis grandes novelistas da segunda metade do século  XX.


 “Eu son un galego de Ferrol”, foi o seu  autodefinición nalgunha entrevista xornalística.

Afirmaba que podía haber creado un libto titulado "Ferrol me hizo", porque lo más importante, lo fundamental, lo que me sostiene como hombre y como ciudadano y lo que me alimenta como escritor, aquí, en Ferrol, me ha llegado; aquí lo he incorporado a mi vida, aquí me ha educado y modificado”.


2. Casa natal de Concepción Arenal (1820-1893)

Escritora e  penalista, foi unha das mulleres que maior relevo alcanzou durante o século  XIX, grazas á súa extraordinaria capacidade intelectual, o seu temperamento inquieto e o seu incansable traballo en favor dos sectores sociais máis desprotexidos naqueles anos: mulleres, orfos, delincuentes, pobres, escravos… Muller que loitou de forma  denodada e conmovedora para que as xeracións posteriores á súa vivisen nunha sociedade máis xusta e equitativa.

"Abride escolas e pecharanse cárceres",

"Todas as cousas son imposibles, mentres o parecen" 

CONCEPCIÓN ARENAL: 200 aniversario de su nacimiento en 2020.

"A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano".

Con 21 anos quixo asistir á universidade. Pero non ía ser sinxelo, tivo que facelo disfrazada de home, como nunha comedia adolescente de enredo cada día ataviábase con pantalóns,  levita e chapeu. Pillárona, claro. E segundo conta a lenda,  o reitor comprometeuse a realizarlle un exame. Se o aprobaba podería continuar as clases. Aprobou, claro, e puido seguir asistindo a clase xa cunha vestimenta feminina, pero sen a mesma liberdade que os seus compañeiros. A filósofa Amelia  Valcarcel descríbeo así : “A súa asistencia ás clases non estaba exenta dun ritual que a día de hoxe sóanos canto menos estraño. Debía chegar sempre acompañada dun familiar, quen entregaba a súa custodia ao  bedel, encargado de trasladala á aula, onde sentaba nunha área diferenciada do resto dos seus compañeiros. Entre clase e clase, tamén permanecía illada, e era o profesor o encargado de ir recollela antes de comezar a sesión.”

Non puido matricularse, examinarse nin obter titulación algunha. Era 1834, as mulleres aínda tardarían trinta anos en ser admitidas nas universidades, pero ela abrira un pequeno suco sobre o que se erixiría un gran camiño. (Eva Güimil, Vanityfair)


3. Casa natal de Aurora Rodríguez  Carballeira, nai de  Hildegart. 

Torrente menciona a súa historia nalgunha das súas novelas aínda que con nomes ficticios. Daquela a historia de  Hildegart e a súa nai foron inspiración de moitas novelas e películas de diferentes autores.


4.Xardíns de Herrera, con visitas ao Arsenal e estaleiros. 

Segundo dicía Torrente:


“Antes de marcharme, percorro as rúas onde vivín e xoguei. A estatua de Jorge Juan e as súas  magnolios seguen afortunadamente no seu sitio (non pode dicirse o mesmo doutras estatuas e doutras árbores). Desde o paseo de Herrera pódese contemplar o Arsenal case enteiro: masas grises sobre o fondo gris do ceo. Non se se será porque o amo, pero é a única paisaxe industrial que me parece fermoso” (Cadernos da Romana, ed. Destino, páx. 71)


5.  Praza  Vella.

Á beira da casa natal de Carvalho Calero que nola fai revivir como o viviu na na súa nenez con este fermoso poema:

"Praza vella, mariñeira,
cada baixo unha taberna.
Nos balcós de pau azul
sécanse ao vento e ao sol
as roupas dos mariñeiros,
brancas de río e xabrón.
Do parque chegan cornetas,
e no paxe o peixe fresco
que atracou nas Curuxeiras.
Nas sellas levan a fonte
as mulleres dos boteiros,
nais de lerchas e rillotes.
Ben perto está a mar de alí
e o tranvía é unha buceta,
leme teso, e vir e vir".

Carvalho Calero, Ricardo. Ferrol (La Coruña), 30.X.1910 – Santiago de Compostela (La Coruña), 25.III.1990. Escritor, historiador da Literatura, crítico literario, filólogo e  lingüista.

 

Evento: De Carballo a Carvalho. Percursor por la vida y ...

 

6. Parque Raíña Sofía

Varias esculturas de ilustres galegos e ferroláns  (Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Benito Vicetto, Felipe Belo Piñeiro) e  rei Carlos III. 

Está previsto xantar aquí. 

 

Pola tarde seguiremos co itinerario previsto.