Roteiro literario por Ferrol
Benvidos de novo ós circuitos literarios dos clubs de lectura do IES A Xunqueira II de Pontevedra.
Despois de dous anos de parada obrigatoria, retomamos con moita ilusion estas visitas. e desta vez escollemos a cidade de Ferrol pola gran variedade cultural que nos ofrece.
Será unha visita guiada en xornada completa co seguinte programa:
- 10:30 Visita guiada ao Arsenal Militar de Ferrol.
- 11:45 Visita guiada ao Museo Exponav (Museo da Construcción Naval).
- 13:00 Paseo literario polo centro de Ferrol.
- 14:00 Tempo libre para comida (Parque Raiña Sofía ou outra zona no centro).
- 15:30 Recollida do grupo co bus para ir ao Castelo de San Felipe.
- 16:00 -17:15 Visita guiada polo Castelo.
- 17:45 Visita guiada polas Meninas do barrio de Canido.
- 19:00 Final da visita e saída de Ferrol.
1. Praza de Galicia
Alí está o teatro Jofre que marcou ó afamado escritor Gonzalo Torrente Ballester que entre outras cousas foi crítico teatral. De feito o seu primeiro escrito foi unha obra de teatro e fixo cinco máis aínda que nunca chegaron a representarse e alí está a entrada do Arsenal. O seu pai foi mariño e o tamén quixo selo, pero como era moi miope soubo que non podería seguir os pasos do seu pai e envorcouse na literatura.
Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999)
Foi un dos grandes escritores españois que deu o século XX. Despois duns comezos difíciles, Torrente foi logrando facerse un sitio nos primeros lugares da literatura española, como o testemuñan os recoñecementos recibidos no último terzo da súa vida: membro da RAE, Premio da Crítica e Premio Nacional de Literatura, Premio Príncipe de Asturias, Premio Planeta, Premio Azorín, Premio Cervantes, Doutor “ Honoris Causa” por varias Universidades españolas e estranxeiras, traducido a todas as linguas cultas, e, ademais, recoñecido e admirado entre o gran público polo éxito popular que obtivo a adaptación televisiva da súa triloxía Os gozos e as sombras, emitida ao longo do ano 1982. Estamos, sen dúbida, ante un dos máis grandes novelistas da segunda metade do século XX.
“Eu son un galego de Ferrol”, foi o seu autodefinición nalgunha entrevista xornalística.
Afirmaba que podía haber creado un libto titulado "Ferrol me hizo", porque lo más importante, lo fundamental, lo que me sostiene como hombre y como ciudadano y lo que me alimenta como escritor, aquí, en Ferrol, me ha llegado; aquí lo he incorporado a mi vida, aquí me ha educado y modificado”.
2. Casa natal de Concepción Arenal (1820-1893)
Escritora e penalista, foi unha das mulleres que maior relevo alcanzou durante o século XIX, grazas á súa extraordinaria capacidade intelectual, o seu temperamento inquieto e o seu incansable traballo en favor dos sectores sociais máis desprotexidos naqueles anos: mulleres, orfos, delincuentes, pobres, escravos… Muller que loitou de forma denodada e conmovedora para que as xeracións posteriores á súa vivisen nunha sociedade máis xusta e equitativa.
"Abride escolas e pecharanse cárceres",
"Todas as cousas son imposibles, mentres o parecen"
"A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano".
Con 21 anos quixo asistir á universidade. Pero non ía ser sinxelo, tivo que facelo disfrazada de home, como nunha comedia adolescente de enredo cada día ataviábase con pantalóns, levita e chapeu. Pillárona, claro. E segundo conta a lenda, o reitor comprometeuse a realizarlle un exame. Se o aprobaba podería continuar as clases. Aprobou, claro, e puido seguir asistindo a clase xa cunha vestimenta feminina, pero sen a mesma liberdade que os seus compañeiros. A filósofa Amelia Valcarcel descríbeo así : “A súa asistencia ás clases non estaba exenta dun ritual que a día de hoxe sóanos canto menos estraño. Debía chegar sempre acompañada dun familiar, quen entregaba a súa custodia ao bedel, encargado de trasladala á aula, onde sentaba nunha área diferenciada do resto dos seus compañeiros. Entre clase e clase, tamén permanecía illada, e era o profesor o encargado de ir recollela antes de comezar a sesión.”
Non puido matricularse, examinarse nin obter titulación algunha. Era 1834, as mulleres aínda tardarían trinta anos en ser admitidas nas universidades, pero ela abrira un pequeno suco sobre o que se erixiría un gran camiño. (Eva Güimil, Vanityfair)
3. Casa natal de Aurora Rodríguez Carballeira, nai de Hildegart.
Torrente menciona a súa historia nalgunha das súas novelas aínda que con nomes ficticios. Daquela a historia de Hildegart e a súa nai foron inspiración de moitas novelas e películas de diferentes autores.
4.Xardíns de Herrera, con visitas ao Arsenal e estaleiros.
Segundo dicía Torrente:
“Antes de marcharme, percorro as rúas onde vivín e xoguei. A estatua de Jorge Juan e as súas magnolios seguen afortunadamente no seu sitio (non pode dicirse o mesmo doutras estatuas e doutras árbores). Desde o paseo de Herrera pódese contemplar o Arsenal case enteiro: masas grises sobre o fondo gris do ceo. Non se se será porque o amo, pero é a única paisaxe industrial que me parece fermoso” (Cadernos da Romana, ed. Destino, páx. 71)
5. Praza Vella.
Á beira da casa natal de Carvalho Calero que nola fai revivir como o viviu na na súa nenez con este fermoso poema:
"Praza vella, mariñeira,
cada baixo unha taberna.
Nos balcós de pau azul
sécanse ao vento e ao sol
as roupas dos mariñeiros,
brancas de río e xabrón.
Do parque chegan cornetas,
e no paxe o peixe fresco
que atracou nas Curuxeiras.
Nas sellas levan a fonte
as mulleres dos boteiros,
nais de lerchas e rillotes.
Ben perto está a mar de alí
e o tranvía é unha buceta,
leme teso, e vir e vir".
Carvalho Calero, Ricardo. Ferrol (La Coruña), 30.X.1910 – Santiago de Compostela (La Coruña), 25.III.1990. Escritor, historiador da Literatura, crítico literario, filólogo e lingüista.
6. Parque Raíña Sofía
Varias esculturas de ilustres galegos e ferroláns (Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Benito Vicetto, Felipe Belo Piñeiro) e rei Carlos III.
Está previsto xantar aquí.
Pola tarde seguiremos co itinerario previsto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario