Pierre Antón deixa o colexio o día que descobre que a vida non ten sentido. Sóbese a unha ameixeira e declama a berros as razóns polas que nada importa na vida. Tanto desmoraliza aos seus compañeiros que deciden amorear obxectos esenciais para eles co fin de demostrarlle que hai cousas que dan sentido a quen somos.
Na súa procura arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo se aprecia o seu valor. Pero logo, pode ser demasiado tarde.
jueves, 30 de mayo de 2013
LA CIUDAD DE LAS BESTIAS de Isabel Allende
Alexander Cold é un raparigo americano de quince anos que parte ao Amazonas coa súa avoa Kate, xornalista especializada en viaxes. A expedición intérnase na selva na busca dunha estraña besta xigantesca. Xunto coa súa compañeira de viaxe, Nadia Santos, e un centenario feiticeiro indíxena, Alex coñecerá un mundo sorprendente e xuntos vivirán unha gran aventura.
O universo xa coñecido de Isabel Allende amplíase en La Ciudad de las Bestias con novos elementos de realismo máxico, aventura e natureza. Os novos protagonistas, Nadia e Alexander, intérnanse na inexplorada selva amazónica levando da man ao lector nunha viaxe sen pausa por un territorio misterioso onde se borran os límites entre a realidade e o soño, onde homes e deuses confúndense, onde os espíritos andan da man cos vivos.
ESKORIA de Alfredo Gómez Cerdá
É un libro valente e comprometido que fala dun tema moi presente: o acoso escolar ou bullyng.
La novela está narrada desde o pensamento de Diego, un dos protagonistas, e é estremecedora. Amosa cómo, de manera impune, pódese destrozar a vida dun rapaz ou marcarlo para sempre.
Como lectores ides asistir impotentes a un acoso que, por desgracia, vai pasar desapercibido para todos, pais, educadores e demáis compañeiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)