jueves, 30 de mayo de 2013

LA CIUDAD DE LAS BESTIAS de Isabel Allende


Alexander Cold é un raparigo americano de quince anos que parte ao Amazonas coa súa avoa Kate, xornalista especializada en viaxes. A expedición intérnase na selva na busca dunha estraña besta xigantesca. Xunto coa súa compañeira de viaxe, Nadia Santos, e un centenario feiticeiro indíxena, Alex coñecerá un mundo sorprendente e xuntos vivirán unha gran aventura.

O universo xa coñecido de Isabel Allende amplíase en La Ciudad de las Bestias con novos elementos de realismo máxico, aventura e natureza. Os novos protagonistas, Nadia e Alexander, intérnanse na inexplorada selva amazónica levando da man ao lector nunha viaxe sen pausa por un territorio misterioso onde se borran os límites entre a realidade e o soño, onde homes e deuses confúndense, onde os espíritos andan da man cos vivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario