Derradeira lectura do grupo e interesante
novela de intriga policíaca, onde se producen varios asasinatos que deberán
tentar de resolver un xornalista caído en desgracia e ¡unha profesora de
literatura galega da USC! Tras cada crime hai un poema de Rosalía de Castro.
Un libro cheo de poesía, morte, memoria, amor e
futuro. Un final sorprendente.
A escolla non foi casual, senón que debeuse a saída
que tiñamos preparada para o final de curso e que nos quedara pendente do curso
anterior: o Roteiro Rosalía en Santiago.
Sen embargo, só dous membros do grupo o leron,
xa que coincidíu coas probas finais de curso e para a meirande parte do alumnado supón un
gran esforzo, polo que teñen que deixar a un lado actividades coma as do Club
de Lectura. Faremos as aportacións ó blog para o vindeiro curso, xa que cinco
alumnos levaron o libro para lelo en vacacións.
Boa lectura para o verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario