Este foi
o primeiro ano en que funcionou un grupo de novela gráfica. O ano anterior xa
se fixeran algunhas lecturas, pero integradas dentro do grupo de 3º e 4º de ESO.
A
experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso
tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da
novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 4º de ESO) e con ritmos
distintos de aprendizaxe. To do isto conferíulle ó grupo un colorido diferente
ó dos outros clubs do instituto.
A integración das diferentes opinións sobre o
funcionamento e a selección fíxose dun xeito natural. Cada membro escoitaba ós
mais coñecedores de cada tema e paulatinamente fóronse integrando, aportando e
, sobre todo, escoitando as propostas que os máis “frikis” aconsellaban.
As reunións tiñan lugar quincenalmente,
facendo mesa redonda onde se amosaban os títulos que se decidían para ler ou se
formulaban propostas para a adquisición por parte da Biblioteca e do Club.
Tamén se creou un fondo de préstamos personais, onde se intercambiaban cómics e
mangas -estes foron maioría- dos proprios membros.
O resultado e a valoración deste grupo foi moi
positiva, polo que a presenza deste
grupo nos vindeiros non só está asegurada, senón que irá en aumento.
A continuación presentamos algúns dos
títulos e traballos realizados polos
compoñentes do grupo, que consisten en grabacións en vídeo de opinións das
obras lidas. (ver blog)
No hay comentarios:
Publicar un comentario