Primeira lectura do Club "3º de ESO de narrativa".
Imani é unha puntuada. Iso significa que todo o que fai e di é rexistrado, procesado e puntuado por Score Corp a través das cámaras que hai situadas por toda a cidade. E ter unha puntuación alta é indispensable: sen ela, ir á universidade e conseguir o traballo que desexas están completamente fóra do teu alcance... a menos que teñas diñeiro.
E para conseguir unha boa puntuación hai que coidar o que dis, como o dis e con quen che relacionas. Se o teu mellor amigo ten unha puntuación baixa, iso afectará á túa tamén. E nesta situación atópase Imani. De noventa e tres pasou a unha puntuación de sesenta e catro por culpa do seu mellor amiga, Cady, e de súpeto atópase con que os seus soños de seguir estudando explótanlle na cara. Caer é moi fácil, pero subir é misión imposible. Que fará agora?
Algunhas novas sobre a autora
Escritora, guionista e produtora cinematográfica, Lauren McLaughlin dedícase actualmente á literatura xuvenil, onde conseguiu un gran éxito grazas á súa serie "Cycler" e á novela "A puntuación".
Esta novela é unha distopía é que nos fará reflexionar sobre situacións e comportamentos que ás veces nos parecen máis que normais pero ós que deberiamos dedicar algo máis que un pensamento e ante os cales deberiamos alzar a nosa voz máis rebelde.
Na obra critícase a sociedade actual e trata de mostrar solucións ós cidadáns para acadar un nivel socio-económico que, nun principio, só estaría ó alcance das clases sociais máis poderosas. Sen embargo, os medios que propón convirten a esta sociedade en indesexable.
Outras distopías afamadas presentes na nosa biblioteca:
'O señor das moscas', William Golding.
Expón unha alegoría sobre a natureza humana e o seu compoñente social: un grupo de nenos vara nunha illa deserta, e pronto comezan as rifas e as actitudes sinistras.
"A metamorfose " de Frank Kakfka.
"Un mundo feliz " de Aldous Huxley.
"1984" de H. G. Wells.
Rebelión en la granja de George Orwell.
Los juegos del hambre, Suzanne Collins.
Divergente de Verónica Roth.
La metamorfosis', Franz Kafka
No hay comentarios:
Publicar un comentario