martes, 1 de marzo de 2016

O VELENO DA RISA de Jaureguizar

Primeira lectura do Club de 1º e 2º de ESO de narrativa. 

Nesta aventura, Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galiciarecibe a chamada de auxilio do alcalde de Lugo.

Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. 

Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.





Investigamos sobre a muralla romana de Lugo e fixemos un percorrido virtual por ela.



A muralla romana que rodea a cidade de Lugo é a única do mundo que se conserva enteira. Por iso e pola súa misteriosa beleza é Patrimonio da Humanidade.









Santiago Jaureguizar é o seu autor.




Entrevista co autor: "Recoñezo que non confiaba cando ideei o personaxe e o concepto do Tintimán que tivese o éxito que logo logrou".






No hay comentarios:

Publicar un comentario