miércoles, 29 de junio de 2016

Novela gráfica e manga

Foi un  dos grupos mais numerosos dos clubs de lectura. Nada mais e nada menos que 22 membros. Levamos xa tres anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.


Aproveitando o coñecemento que varios membro teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é  o manga, como naceu, características, temáticas, etc.,  para alumnos que o descoñecían.





Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.





Do grupo de manga encargáronse catro compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon.

Nuria presenta o manga ós compañeiros noveles





Silvia presenta o seu grupo de traballo







A continuación mostramos os traballos realizados polos componentes do grupo tanto de manga como de novela gráfica.











Ana García fainos unha excelente presentación do cómic Maus de Art Spiegelman

David Márquez Salomón achéganos a I Guerra Mundial a través do cómic "La guerra de las trincheras" de Jacques Tardi.

martes, 14 de junio de 2016

As lágrimas de Shiva de CÉSAR MALLORQUÍ

 Derradeira lectura do grupo de PEMAR.

Lectura fácil e entretida de César Mallorquí, autor do que lemos La estrategia del parásito en 4º de Diversificación.

ARGUMENTO:

Por mor da enfermidade contaxiosa do seu pai, Javier ten que pasar o verán coa súa tía Adela, o seu tío e as catro rosas, as súas descoñecidas curmás. Cando chega a Vila Candelaria parece que non ten nada que ver con ningunha das catro (ademais a da súa idade é a máis rara
).
Todo transcorre monótonamente ata que ve, sente e cheira algo pola noite. "Narcisos...". Parécelle ver unha saia de raspallón, pero convéncese de que o imaxinou.
-Ti tamén cheiras os narcisos, verdade? Sabía que non eran imaxinacións miñas.
Desde ese día, Violeta (a curmá da súa idade) e el investigan sobre o que podería ser,  ata chegar ao mistero das bágoas de Shiva.



Aos poucos introducinme co protagonista en tentar descubrir as pistas que deixaba para atopar as bágoas de Shiva e a súa propietaria.

A min encántame a intriga e o suspense, e este libro xunto con Beatriz Obregón envólveche nun gran misterio.





Para rematar buscamos en internet alguna presentación sobre o libro. Esta gustounos