martes, 14 de junio de 2016

As lágrimas de Shiva de CÉSAR MALLORQUÍ

 Derradeira lectura do grupo de PEMAR.

Lectura fácil e entretida de César Mallorquí, autor do que lemos La estrategia del parásito en 4º de Diversificación.

ARGUMENTO:

Por mor da enfermidade contaxiosa do seu pai, Javier ten que pasar o verán coa súa tía Adela, o seu tío e as catro rosas, as súas descoñecidas curmás. Cando chega a Vila Candelaria parece que non ten nada que ver con ningunha das catro (ademais a da súa idade é a máis rara
).
Todo transcorre monótonamente ata que ve, sente e cheira algo pola noite. "Narcisos...". Parécelle ver unha saia de raspallón, pero convéncese de que o imaxinou.
-Ti tamén cheiras os narcisos, verdade? Sabía que non eran imaxinacións miñas.
Desde ese día, Violeta (a curmá da súa idade) e el investigan sobre o que podería ser,  ata chegar ao mistero das bágoas de Shiva.



Aos poucos introducinme co protagonista en tentar descubrir as pistas que deixaba para atopar as bágoas de Shiva e a súa propietaria.

A min encántame a intriga e o suspense, e este libro xunto con Beatriz Obregón envólveche nun gran misterio.





Para rematar buscamos en internet alguna presentación sobre o libro. Esta gustounos


No hay comentarios:

Publicar un comentario