lunes, 3 de julio de 2017

Novela gráfica e Manga

Foi un dos grupos máis numerosos dos clubs de lectura. Levamos xa cinco anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular. A experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 1º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. To do isto conferíulle ó grupo un colorido diferente ó dos outros clubs do instituto. Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é o manga, como naceu, características, temáticas, etc., para alumnos que o descoñecían. Puxemos un vídeo do curso pasado, onde exmembros do club fan dita presentación. Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica. Do grupo de manga encargáronse dous compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon. A continuación presentamos algúns dos títulos e traballos realizados polos compoñentes do grupo, que consisten en grabacións en vídeo de opinións das obras lidas. (ver blog)










Os fillos do mar, de PEDRO FEIJOO

Segunda lectura do club de narrativa de bacharelato.



 Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico. A acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama presenta o atractivo historico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamen os seus selos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo aleman.

 En xeral gustou moito, amosando unha realidade próxima no espazo e que nos fixo reflectir sobre feitos históricos que marcaron, en gran medida, o discorrer do século pasado. Como actividades complementarias vimos unha entrevista a Pedro Feijoo que nos axudou a entender a xénese da novela.


A evolución de Calpurnia Tate de JACQUELINE KELLY

Derradeira lectura do club e que gustou bastante xa qeu lles amosou un personaxe inconformista que se rebela contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas intelectuais e científicas, nunha época moi marcada polos estereotipos sociais, sobre todo os femininos. Finalizouse cun vídeo coas opinións dos membros do club.

As lágrimas de Shiva de CÉSAR MALLORQUÍ



Derradeira lectura do grupo de 3º PEMAR.
Lectura que gustou, fácil de ler e que deu que falar sobre a parella de protagonistas, de idades moi similares ás dos lectores.


Dentro das actividades realizadas destacar unha  introducción á lectura na que vimos un  vídeo sobre o libro e os comentarios que se fixeron na sesións do club recollidos nun vídeo.

Ollos de auga de DOMINGO VILLAR


Buscamos na rede traballos sobre esta obra e gustou un vídeo elaborado polo alumnado do IES Mendiño de Vigo. O alumnado realizou unha gravación coas impresións persoais sobre a obra.

Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA



Derradeira lectura do grupo e que foi seleccionada por comentarios que lles fixeron compañeiros do instituto. 

Realizamos varias sesións, algunhas de lectura en voz alta, comentando feitos e opinando sobre a reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para falar das diversas temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á intimidade...