Segunda lectura do club de narrativa de bacharelato.
Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico. A acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama presenta o atractivo historico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamen os seus selos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo aleman.
En xeral gustou moito, amosando unha realidade próxima no espazo e que nos fixo reflectir sobre feitos históricos que marcaron, en gran medida, o discorrer do século pasado.
Como actividades complementarias vimos unha entrevista a Pedro Feijoo que nos axudou a entender a xénese da novela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario