lunes, 3 de julio de 2017

Novela gráfica e Manga

Foi un dos grupos máis numerosos dos clubs de lectura. Levamos xa cinco anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular. A experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 1º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. To do isto conferíulle ó grupo un colorido diferente ó dos outros clubs do instituto. Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é o manga, como naceu, características, temáticas, etc., para alumnos que o descoñecían. Puxemos un vídeo do curso pasado, onde exmembros do club fan dita presentación. Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica. Do grupo de manga encargáronse dous compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon. A continuación presentamos algúns dos títulos e traballos realizados polos compoñentes do grupo, que consisten en grabacións en vídeo de opinións das obras lidas. (ver blog)










No hay comentarios:

Publicar un comentario