miércoles, 22 de junio de 2022

Club de lectura de 1º ESO

 

O misterio de Portomarín de Antía Yáñez (Galego) 


 O misterio da man de Antía Yáñez foi o fío conductor das dúas primeiras lecturas do club. Nesta primeira, máis sinxela según a opinión dos membros, relata as aventuras no encoro de Portomarín dos catro irmáns. Tras o relato atopamos referencias a imposición da construcción e as consecuencias que tivo entre a poboación da aldea: emigración, desafecto e terribles segredos que sairán a luz grazas a pericia e imprudencia dos protagonistas.

A continuación presentamos un vídeo no que se recollen as opinións dos membros sobre a lectura.


 



O misterio do torques de Burela de Antía Yáñez (Galego) 


Neste segundo relato a autora lévanos ós seus orixes, Burela, lugar onde ela se criou. A lectura foi moi ben acollida, resaltando dela a maior complexidade na trama. 


Buscando información sobre a autora encontramos esta entrevista que lle fixeron co gallo da presentación da novela. Ver enlace. 





As opinións dos escolares están recolllidas neste audio. 

O misterio do torques de Burela


 3ª lectura do club (Galego e Castelán) 

Coincidindo coa saída ás librarías da cidade, decidíuse no club que a escolla que fixese cada escolar sería a derradeira lectura do club. Pódense ver as opinións de cada membro sobre o motivo da súa elección no seguinte enlace




No hay comentarios:

Publicar un comentario