miércoles, 22 de junio de 2022

Club de lectura de 2º PMAR

 Tarjeta roja a la violencia de Virginia Lou (Castelán)  

A violencia como protagonista nun centro educativo serve como punto de partida para reflexionar sobre as vivencias que teñen os nosos escolares con esa realidade.

Interesante vídeo con  comentarios que amosan a realidade do acoso escolar, das relacións familiares, da emigración. 




Penúltimas tendencias de Carlos Negro(Galego) 


Obra poética rompedora sobre a muller adolescente e toda a problemática que envolve o seu mundo: imaxe corporal, tendencias, acoso, amor... 

Carlos Negro preséntanos a unha rapaza ousada, con carácter, con firmeza que se enfronta a un mundo marcado polo machismo e por unha imaxe corporal feminina baseada nas modas, nas revistas, nas películas e nunha sociedade cunha tendencia a ver a muller como un obxecto máis que coma unha persoa.

Gustou moito participando activamente na lectura e comentario dos poemas





Mande su hijo a Marte de Fernando Lalana (Castelán)  



Obra de ciencia-ficción que nos leva a un futuro no que a robótica e a intelixencia artificial serán as acompañantes no día a día.


Esta lectura permitiu unha reflexión sobre a forma de vida que nos espera e na que os escolares tiveron que facer un exercicio de imaxinación para adaptarse ós cambios que nos mostra Fernando Lalana. Tamén se presentou o dilema de se todo é valido na investagación ou hai que ter unha ética que marque uns límites.


Escoita os comentarios neste enlace


Por último elaboraron nubes de palabras con diversos campos semánticos da obra.

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario