miércoles, 22 de junio de 2022

Club de lectura de 3º ESO 2021-22

  Aura 1964 de Ignacio Vilar(Galego) 


Guión cinematográfico da película que se estreará e a que posteriormente asistirán os nosos escolares.

“Ningún ditado #podar sufocar a sede de liberdade dun neno”. 


Con esta frase o cineasta ourensán achega a realidade marcada polo adoctrinamiento, a mentira e o agravio á dignidade humana en nome de Deus e da patria fascista.

 


Antes da lectura escoitamos da voz de Ignacio Vilar como foi a xénese desta obra (lembremos que é un guión) sacada de contar historias  ó calor da lareira nunha aldea da montaña; o ambiente de audotrinamento que se vivía nas escolas. 

Ver enlace.




Ós nosos escolares do club puxéronse no papel do protagonista e custoulles enterever o ambiente opresivo da España de 1964. A lectura non lles foi fácil de entender, aínda que tras o visionado do filme, seguro que comprenderán o contexto social no que tratarán de buscar a liberdade.




Be Water de Antía Yáñez (Galego) 

Obra que propón un mundo distópico para imaxinar as consecuencias da crise ecolóxica que vivimos.

Gustou o modo tan real de presentar unha realidade que pode estar tan cercana; a comparativa da sociedade coa organización dunha colmea; o papel das protagonistas femininas: Iolanda, a nai nova e independente que se rebela contra a raíña Hera, a antagonista cruel. 




A falta de auga, a submisión, a loita por unha vida digna, son aspectos que os compoñentes do club comentaron e discutiron sobre a forma de vida nesa comunidade. 


Os membros do club opinan


Atopamos un vídeo do escritor e youtubeiro Nee Barros no que nos fai reflexións moi interesantes sobre os temas da obra. Ver enlace





3ª lectura do club (Galego e Castelán)

Coincidindo coa saída ás librarías da cidade, decidíuse no club que a escolla que fixese cada escolar sería a derradeira lectura do club. 

Pódense ver as opinións de cada membro sobre o motivo da súa elección no seguinte enlace.




No hay comentarios:

Publicar un comentario